Imos coñecer a Susana Seivane grazas ao alumnado de 3º de educación primaria:
miércoles, 8 de marzo de 2023
FillAs de Breogán: Susana Seivane
domingo, 5 de marzo de 2023
FillAs de Breogán: Luz Casal
Da man do alumnado de 4º de primaria coñecemos a Luz Casal:
jueves, 2 de marzo de 2023
FillAs de Breogán: Guadi Galego
O alumnado de 5º de Primaria axúdanos a coñecer mellor a Guadi Galego:
Temos os corredores cheos de murais sobre esta artista:
Grazas pola túa música Guadi Galego!
miércoles, 1 de marzo de 2023
FillAs de Breogán: Rosa Cedrón
O alumnado de 6º de Primaria quere presentarvos a Rosa Cedrón:
FillAs de Breogán
lunes, 13 de junio de 2022
EDLG 21/22
Ao longo deste curso 2021/2022 dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega animamos ao noso alumnado a participar en 3 celebracións esenciais da nosa cultura:
O MAGOSTO
Para celebrar a nosa festa das castañas, además de facer a nosa cata no centro, tamén fixemos unha exposición de poemas, trabalinguas e lendas relacionados co magosto e receitas feitas con castañas, que recollimos e deixamos na biblioteca para que todo o centro puidera velas.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
sábado, 26 de junio de 2021
CHEGA O REMATE DO CURSO. BO VERÁN VALENTES!
Con unha imaxe da praia, que evoca ao verán, á praia, á liberdade, a relaxación... desexámosvos a todas e todos un bó verán. Un verán cheo de normalidade, onde pouco a pouco, todo volva a ser, polo menos, como o coñecemos.
Bo verán a todas e todos ao alumnado, familias, profesorado... a todas e todos os que conforman o C.E.I.P. de Arteixo.
XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021
Para conmemorar o día das Letras Galegas elaboramos dende o ciclo de Educación Infantil un mural no que lle demos visibilidade a unha das súas obras traducidas onde falaba da primavera. Creamos flores ao mesmo tempo que unha das frases do comezo do conto.
Para a primaria propuxemos un trivial de preguntas e respostas sobre a vida e a obra de Xela, tratando de achegar ao alumnado ao recoñecemento da escritora e tradutora, ademais de achegar unidades didácticas a todos e cada un dos ciclos que conforman o noso centro.
lunes, 26 de abril de 2021
LENDAS DA CONTORNA
Dende o equipo de Dinamización propuxemos unha actividade grupal a nivel centro cuxa finalidade foi recompilar lendas da nosa contorna, achegándonos así a nosa cultura popular, a esa cultura de transmisión oral que pasa de xeración en xeración e que, a miúdo, se está a perder.
lunes, 1 de marzo de 2021
24 F: DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o Día de Rosalía, dende as aulas de infantil creouse un cartel cunhas verbas da autora. Cada aula encargouse da decoración das mesmas e, tamén todas as aulas de infantil e primaria luciron caretas co seu rostro.
martes, 22 de diciembre de 2020
Despedimonos do trimestre coa elaboración do almanaque que nos dará a benvida ao novo ano 2021. A temática do almanaque son as especies autóctonas típicas da nosa terra e con el pretendemos darlles visibilidade e favorecer o seu respecto e coidado, tendo moi presente que comezamos o Ano Internacional da Saúde Vexetal.

































