Mostrando entradas con la etiqueta Italia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Italia. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de abril de 2018

ITALIA: Máis actividades da clase dos monos

A primavera chegou ata Italia, máis concretamente, ata a torre de Pisa.

Aquí tedes á clase dos Monos neste monumento con decoración primaveral.


miércoles, 25 de abril de 2018

ITALIA: Máis actividades da clase dos Elefantes

En entradas anteriores xa vos amosamos como os pequenos e pequenas de 3 anos estaban a traballar a gastronomía italiana.

Desta volta, na clase dos Elefantes, están estudiando unha fermosa cidade italiana: Venecia. E, como non podía ser doutra maneira, convertéronse en gondoleiros e gondoleiras que van navegando polas súas canles.

Aquí tedes unha mostra:


lunes, 2 de abril de 2018

ITALIA: Actividades da clase dos Monos

Como xa sabedes, as aulas de 4º de Educación Infantil están traballando para aprender moitas cousas sobre o país da pizza.

As comidas típicas son un dos temas que máis chama a atención ás pequenas e pequenos sobre Italia. Pero a quen non lle gusta a gastronomía deste país?

Aquí tedes aos alumnos/as da clase dos Monos mans á obra cociñando unhas saborosas pizzas:






E, ao igual que o resto de clases de 3 anos, polo entroido a clase dos Monos tamén se disfrazou co traxe e máscaras típicos de Venecia. Aquí os tedes:


martes, 13 de marzo de 2018

ITALIA: Actividades da clase dos Leóns

Como xa vos comentamos, os nenos e nenas de 3 anos están a aprender cousas sobre Italia.

Aquí podedes ver aos leons e leoas de Arteixo facendo pizza e espagueti de plastilina:






E, como non, neste entroido fixeron unha viaxe ata Venecia. Aquí os tedes co seu traxe típico:




sábado, 10 de marzo de 2018

ITALIA: Actividades da clase dos Elefantes

O alumnado de 3 anos está a aprender cousas sobre Italia.

En concreto, estas son algunhas imaxes da clase dos Elefantes que amosan o traballo diario, o seu recuncho de Italia, a decoración dos corredores...









E aproveitaron o entroido para ambientarse en Venecia. Velaí os tedes coas súas máscaras venecianas!