Mostrando entradas con la etiqueta programa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta programa. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de octubre de 2015

Curso 2015-2016

Xa levamos máis dun mes de curso e aínda non vos déramos a benvida... hai que poñer remedio a isto inmediatamente!

Dende o equipo de Dinamización lingüística temos unha chea de actividades preparadas para este curso. 

A continuación deixámosvos unha serie de cartaces que resumen o que temos preparado.

Esperamos que vos guste!









miércoles, 14 de enero de 2015

PROGRAMA DO EDLG PARA O CURSO 2014-2015

            Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega presenta un amplo programa de actitivades .

            O obxectivo é conseguir un maior coñecemento da nosa lingua e da nosa cultura dun xeito divertido e permanente.

            O programa consta dunha serie de actividades destinadas ao alumnado de forma directa e de colaboracións no desenvolvemento doutras actividades propostas polos equipos de biblioteca e extraescolares.

            Destacamos os fundamentalmente cinco concursos e proxectos a levar a cabo durante o curso:

·         “Os sabichonchos”, concurso mensual de coñecementos sobre lingua e cultura.



·         “Que te contas”, concurso de relatos curtos a desenvolver no primeiro trimestre.



·         “Damos a nota”, ou eso imos intentar con este proxecto de poñerlle letra en galego as cancións que nos gustan.




·         “Galegos”, de realidade ou de ficción, achegaremonos a personaxes coñecidos pola súa traxectoria profesional ou pola sona que teñen entre nós: deportistas, actores, … Faremos un mural biográfico dalgún deles.



·         “Un cole de cine”, despois da experiencia con “O debuxo”, do curso pasado, tentaremos  ofrecer con este proxecto outra pequeña peza audiovisual.