Mostrando entradas con la etiqueta FillAs de Breogán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FillAs de Breogán. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de junio de 2026

FillAs de Breogán 2025-2026

Xa é tradición no noso cole traballar no proxecto de FillAs de Breogán.

Grazas a esta iniciativa, pretendemos a dar coñecer a labor de mulleres galegas salientables en diferentes eidos.

O curso pasado coñecemos a diversas mulleres que destacan no mundo da astronomía. En cursos anteriores tamén afondamos no mundo do deporte ou da música.

Este curso, apoiándonos no PDI do centro sobre a importancia das mulleres no rural galego, tivemos a oportunidade de aprender unha morea de cousas sobre mulleres agricultoras ou que levan a cabo iniciativas relacionadas coa promoción do rural.

Para coñecer mellor a todas estas galegas, pincha no enlace encima de cada imaxe.

Abrirase un vídeo no que o alumnado preséntanos o seu traballo.

Esperamos que vos guste!



1ºEP - Victoria Armada








jueves, 26 de junio de 2025

FillAs de Breogán 2024-2025

 Un curso máis traballamos no proxecto que no noso cole coñecemos como FillAs de Breogán, que ten como obxectivo dar a coñecer a labor de mulleres galegas que destacan nun eido concreto. Durante cursos pasados traballamos o mundo da música e do deporte; neste curso afondamos no universo da astronomía.

Así foi que, segundo pasaron os trimestres, tivemos a oportunidade de ir coñecendo a diferentes científicas nadas en Galicia e que, en moitos casos, teñen unha repercusión internacional moi notoria. 

O mundo das estrelas é infinito e a contribución destas galegas destacadas tamén fai que a importancia das súas achegas sexa primordial para o avance da astrofísica.

Para coñecelas mellor, pincha en cada unha das imaxes para poder ver os vídeos do alumnado que nolas presentan:



















martes, 28 de mayo de 2024

FillAs de Breogán 2024

Continuamos un curso máis adiante con este proxecto que leva por nome FillAs de Breogán e que ten como obxectivo dar a coñecer a labor de mulleres galegas que destacan nun eido concreto. Durante o curso pasado traballamos o mundo da música e, este ano, é a quenda do mundo deportivo.

En verán terán lugar os Xogos Olímpicos París 2024 e no noso CEIP de Arteixo levamos todo este curso traballando sobre diferentes deportes olímpicos.

Así é que cada nivel educativo do centro escolleu un deporte no que centrarse e, tamén, unha muller galega que abandeira esa disciplina.

Aquí temos unha parte do resultado do traballo das nenas e nenos de primaria. Pinchade sobre cada imaxe e levaravos a un vídeo para coñecer mellor a esa deportista:


ALUMNADO DE 5º DE EDU. INFANTIL: Saleta Fernández



ALUMNADO DE 6º DE EDU. INFANTIL: Melania Rodríguez




ALUMNADO DE 1º DE EDU. PRIMARIA: Susana Rodríguez





ALUMNADO DE 2º DE EDU. PRIMARIA: Mini Ali





ALUMNADO DE 3º DE EDU. PRIMARIA: Jessica Bouzas






ALUMNADO DE 4º DE EDU. PRIMARIA: Noelia Pena Pardo






ALUMNADO DE 5º DE EDU. PRIMARIA: Julia Benedetti






ALUMNADO DE 6º DE EDU. PRIMARIA: Maria Teresa Portela Rivas












jueves, 22 de junio de 2023

lunes, 19 de junio de 2023

FillAs de Breogán: Ana Kiro

 As nenas e nenos de 4 anos (5º de educación infantil) axúdannos a coñecer mellor a Ana Kiro:





Fixeron un mural moi chulo que decora o corredor do cole:











FillAs de Breogán: Ses

 O alumnado de 5 anos (6º de educación infantil) preséntanos a Ses:




jueves, 15 de junio de 2023

FillAs de Breogán: Tanxugueiras

 De seguro que coñeces ás Tanxugueiras pero, da man do alumnado de 1º de primaria, ímolas coñecer aínda mellor!



Por suposto, as nenas e nenos de primeiro decoraron o seu corredor cun mural destas artistas:




E, ademais, podes consultar AQUÍ a presentación en power point que resume toda esta información.





FillAs de Breogán: De Vacas

 Continuamos coñecendo a artistas da música galega a través do proxecto FillAs de Breogán.


É a quenda do alumnado de 2º de primaria, quen nos presenta ao grupo "De Vacas":





No corredor hai un mural moi chulo que recompila moita desta información:











miércoles, 8 de marzo de 2023

FillAs de Breogán: Susana Seivane

 Imos coñecer a Susana Seivane grazas ao alumnado de 3º de educación primaria:




No corredor temos un mural moi chulo elaborado polos cativos e cativas:










Tal e como vos contan no vídeo, un dos alumnos tivo a sorte de ir coñecer a Susana no seu obradoiro:






En todas as aulas podemos atopar material interesante para aprender moitas cousas sobre esta gaiteira:














domingo, 5 de marzo de 2023

FillAs de Breogán: Luz Casal

 Da man do alumnado de 4º de primaria coñecemos a Luz Casal:



No mural que realizaron, temos un bo resumo do contido do vídeo: