Mostrando entradas con la etiqueta constelación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta constelación. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de junio de 2018

CALENDARIO XUÑO 2018

Unha das constelacións protagonistas do verán é a de Escorpio.



Se durante o inverno falabamos do xigante Orión, agora que este xa se pon por debaixo do horizonte nas noites de verán, sae o seu "inimigo" o escorpión. Se non recordades todas as personaxes desta lenda, podedes refrescar a memoria clicando aquí.



martes, 1 de mayo de 2018

CALENDARIO MAIO 2018

Durante o mes de maio podemos ver a Hércules no alto do ceo nocturno:



A lenda de Hércules, ou Heracles, xa vola contamos cando falamos da constelación do León. Picade na imaxe de Hercules para recordala.




Poderedes atopar este xunto con outros contos de estrelas se picades na imaxe de abaixo, que vos levará aos recursos que ofrece gratuítamente a web de Unawe.






domingo, 1 de abril de 2018

CALENDARIO ABRIL 2018

Este mes imos falar dunha constelación que xa comentamos ao comezo do curso, cando presentamos á Osa maior e á Osa menor. Trátase do pastor de bois ou Boieiro.
Autores: Clase das Medusas


Este pastor, tamén coñecido como Arcas, da voltas arredor das osas acompañado dos seus cans de caza, tal e como vos contáramos no mes de outubro. Para recordar esta historia, picade aquí.


A estrela máis importante da constelación do Boieiro (ou Bootes) é unha xigante de cor naranxa, a terceira máis brillante do ceo, chamada Arcturus. Para atopala pódese empregar como referencia "a cola" da Osa maior:



jueves, 1 de marzo de 2018

CALENDARIO MARZO 2018

Este mes de marzo protagonízao o león.
Autores: Clase das Margaridas


Leo é unha constelación moi fermosa e cunha forma claramente recoñecible no ceo. 



Nas noites de marzo, de cara á media noite, poderemos observar esta constelación no alto do ceo:


A historia do león está relacionada coa lenda de Hércules, que di así:

Hai moito tempo naceu un neno chamado Hércules. Era fillo de Zeus, o deus máis importante do Olimpo. Un día, mentres Hera, a esposa de Zeus, o estaba aleitando, un pequeno chorro de leite escapou polo ceo. Das gotas brancas formouse a Vía Láctea, que se ve nas noites máis escuras coma unha estrada abrancazada de estrelas pequeniñas que van todas xuntas.

Hera, que era a súa madrasta, non quería moito o neno, e cando Hércules era pequeno e aínda estaba no berce, mandoulle dúas serpes coa intención de que o afogasen. Pero o neno, que era moi forte e valente, logrou matalas. Hera non se rendeu, e ao longo de toda a súa vida intentou poñerlle trampas e crearlle problemas de todo tipo. Hércules tivo que superar as probas máis perigosas. Debeu enfrontarse a animais terribles, como o león e a hidra, un monstro con moitas cabezas que renacían a medida que se cortaban. Tamén lle tocou loitar contra paxaros tan grandes como aguias, que tiñan o bico e as garras de bronce; tamén gañou a unha cerva con cornos de ouro e pés de cobre.


Non había proba ou fazaña que el non puidese superar. Fíxose cada día máis forte e máis valente, ata que ao final el foi tamén aceptado no Olimpo entre os deuses. De noite, as constelacións de Hércules, da Hidra e do León, que brillan na bóveda celeste, recórdannos o valor do fillo de Zeus.

Fonte: Universe in a box

jueves, 1 de febrero de 2018

CALENDARIO FEBREIRO 2018

O mes pasado falabamos de que a protagonista do ceo de inverno é a constelación de Orión. Este xigante cazador sempre vai acompañado polos seus dous cans: Canis Maior e Canis Minor. E no calendario deste mes de febreiro recordamos a estes dous fieis amigos do cazador Orión.


A constelación do Can Maior ten unha particularidade especial: a estrela que resplandece formando o pescozo do can chámase Sirius e, dende o hemisferio norte do planeta, é a estrela máis brillante que podemos observar no ceo. Esta estrela ten unha forma de tremelucir moi particular, xa que reloce tan intensamente que parece que vai cambiando de cor entre o branco e o azul.


Así que se mirades ao ceo nunha noite despexada de inverno, a estrela que máis vos chamará a atención pola súa intensidade ao escintilar será a estrela principal da constelación do Can Maior. O can máis pequeno estará un pouco "por enriba" do grande e o xigante cazador Orión sempre irá por diante dos seus cans.


lunes, 1 de enero de 2018

CALENDARIO XANEIRO 2018

As noites de inverno teñen unha clara protagonista do ceo: a constelación de Orión.

Este xigante foi o que se enfrontou co touro do que falamos o mes pasado.

Para recordar esta lenda, na que as personaxes que mencionamos están relacionadas, debes clicar aquí.







Fonte: Universe in a box

viernes, 1 de diciembre de 2017

CALENDARIO DECEMBRO 2017

Se miramos ó ceo de cara á medianoite deste mes de decembro, poderemos ver en todo o alto a constelación de Tauro.

Autores/as: Clase dos Caracois



A mitoloxía desta constelación está relacionada coa historia do xigante Orión, do cal falaremos o vindeiro mes de xaneiro. Para que vaiades coñecendo aos seus protagonistas, aquí vos deixamos a súa lenda:




LENDA DO XIGANTE ORIÓN

Hai moitos anos, habitaba en Grecia un xigante chamado Orión. Axudado polos seus dous cans, dedicábase a cazar. Vivía nunha gran cava situada moi preto doutra que estaba habitada por outro xigante, Atlanlte, a súa muller e as súas sete fillas, as Pléiades.
Un día Orión viu a Mérope, unha das Pléiades, que estaba tomando o Sol, e quedou encantado coa súa fermosura. Namorouse dela e ela correspondeulle. Pero Atlante quería casala co fillo doutro xigante moi rico que vivía nun afastado bosque. Un día, Atlante descubriu que os namorados paseaban xuntos e, enfurecido, fixo beber a Orión unha poción que o deixou cego, para que non puidese ver a Mérope. E díxolle: -Non recobrarás a vista ata que vexas a luz da aurora. Camiña ata atopala e, cando regreses, enfrontaraste a todos os animais que atopes polo camiño.
Cego, Orión non podía emprender a viaxe, así que acudiu a un neno amigo seu para que o axudase. Sentado nos seus ombreiros, o neno guiouno cara levante, ata ver medrar a aurora tinguida de fermosas cores; daquela Orión recobrou a vista. Xa de regreso enfrontouse a unha lebre e a un touro. Venceu aos dous, pero preto da súa cova picouno nun pé un escorpión que lle deixou cravado o aguillón cheo de veleno. Sentíndose morrer, Orión pediulle a Zeus, pai de todos os deuses, que o convertese nunha constelación de estrelas para que así poidese ver a súa amada Mérope. Zeus, piadoso, compraceu o seu desexo.
Cando Mérope o soubo, ela e as súas irmás pedíronlle a Zeus que tamén as transformase en estrelas, para poder estar xunta Orión. Zeus así o fixo, tanto con elas como os cans do xigante e os dous animais que lle saíron ao paso no seu regreso de ver a aurora.
Desde aquela, nas noites serenas de inverno, no hemisferio norte pódese ver a Orión tensando o seu arco, os seus cans, a lebre e o touro. E moi preto, as Pléiades, contemplando o xigante. Quen nunca aparece é Escorpión, o seu eterno inimigo. Cando un está visible o outro non o está. E desde o ceo obsérvannos, eternamente rivais, ata que os anos acaben os seus días e os días as súas horas.



Fonte: Universe in a Box



miércoles, 1 de noviembre de 2017

CALENDARIO NOVEMBRO 2017

Neste mes de novembro temos de protagonista á OSA MENOR.

Autores/as: Clase das Estrelas de Mar



Para recordar como é a súa lenda, consulta o mes de outubro.

                  
          Fonte imaxes:                                                                www.redbubble.com                                                                                                          www.ipinimg.com

domingo, 1 de octubre de 2017

CALENDARIO OUTUBRO 2017

Neste mes de outubro falaremos dunha das máis famosas e importantes constelacións:
A OSA MAIOR
Autores/as: Clase dos Pulpos




LENDA DA OSA MAIOR E A OSA MENOR

Calisto era unha fermosa ninfa que pasaba felizmente os seus días nun pozo do bosque. Un día, atopou con Artemisa, a deusa da caza, que ía cos seus compañeiros. Calisto quedou tan encantada coa beleza da deusa que preguntou a Artemisa se ela tamén podía acompañala. “Eres benvida, podes unirte a nós. Pero non poderás falar con ninguén excepto comigo e cos meus amigos”, respondeu Artemisa.
Chea de alegría, Calisto aceptou e uniuse ao grupo que cantaba e bailaba. Un día, Calisto perdeuse no bosque. Cando Zeus, o maior de todos os deuses, viu a esa fermosa ninfa perdida, enseguida se namorou dela. Para poder achegarse a ela, o malicioso deus transformouse co corpo de Artemisa. E, de feito, a ninfa pensou que él era a súa querida amiga Artemisa e foi saudala cunha aperta. Cando Zeus lle devolveu a aperta, Calisto decatouse de que Zeus a estaba enganando, pero coma era un deus, non podía rexeitalo. O resultado foi que a ninfa, tempo despois, esperaba un fillo de Zeus.
Aínda que Calisto rompera a promesa que lle fixera a Artemisa de non achegarse a ninguén, ela non era culpable, pero aínda así temía ser rexeitada pola súa amiga. Daquela, Calisto escondeuse no profundo do bosque, onde se alimentaba de froitas e baias.
Despois da décima lúa chea, deu a luz a un neno, a quen chamou Arcas. A esposa de Zeus, que se chamba Hera, enterouse do que pasara e estaba enfadada. Chea de celos, planeou a súa vinganza.
Despois de que Arcas nacera, buscou a Calisto no bosque e transformouna nunha grande osa. Dende entón, a pobre Calisto vagaba solitaria polos bosques. Non se uniu aos outros osos salvaxes porque lles tiña medo, pero tamén sentía temor dos cazadores e dos seus cans. Pero, sobre todo, estaba moi triste por non poder coidar do seu fillo Arcas.
Dúas mulleres que atoparon o bebé, leváronno con elas e criaronno. Despois de 15 anos, Arcas se convertera nun robusto mozo. Un día, cando ía polo bosque cos seus cans de caza, atopou a osa ao lado dun pozo. Había ao seu carón unha osiña que ela tivera durante ese tempo. No profundo do seu corazón, Calisto recoñeceu ao seu fillo Arcas e acercouse paseniñamente.
Pero o mozo, que non sabía nada sobre a súa orixe nin sobre o destino da súa nai,
sentiu medo da osa. Arremeteulle co seu mazo e xa estaba a piques de golpeala, cando
apareceu Zeus e evitou a desgraza. Cheo de compaixón, elevounos a todos cara o ceo do
norte, como constelacións, onde se poden ver dende entón: Calisto e a súa osiña son a Osa
Maior e a Osa menor e o seu fillo Arcas (tamén coñecido como Boieiro), da voltas ao
arredor das dúas osas en forma de pastor cos seus dous cans de caza.

Fonte: Universe in a Box

domingo, 10 de septiembre de 2017

CALENDARIO SETEMBRO 2017

Comezamos este curso cunha actividade que vos imos ir presentando cada mes.

Durante a programación do curso 2016-2017 o alumnado de Educación Infantil traballou no proxecto de "O Universo" e axudou ao EDLG a elaborar un calendario para este curso escolar, no que cada mes trata sobre unha constelación. Así, todos os meses iremos colgando no blog a folla do calendario que corresponda e, tamén, unha referencia a unha das lendas que hai detrás desa personaxe. 
Comezamos este curso coa constelación do Golfiño (Delphinus):

Autores: Alumnado da clase dos Tulipáns
Autores: Alumnado da clase dos Tulipáns






Fai moito tempo, viviu un famoso cantor chamado Arión. O seu canto era tan máxico que podía gobernar os regatos e domar aos animais salvaxes. Durante unha larga viaxe, a súa arte proporcionoulle moitos tesouros. Pero agora tiña morriña do seu fogar. Daquela, subiu a un barco para regresar á súa casa. Pero cando a costa xa se perdera de vista, os famentos e avarentos mariñeiros, que sabían que Arión se fixera rico, rodearon e ameazaron ao cantor. O xefe dos mariñeiros xa estaba a piques de atacalo coa súa espada. “Detente”, berrou Arión temendo morrer. “Déixame polo menos cantar unha última canción”. “Si, unha canción, unha canción”, gritaron os malvados. Todos retrocederon e Arión colleu a súa lira. Ao escoitar a súa canción, todos sentiron que estaban ouvindo o canto de despedida dun cisne. Aqueles malvados estaban tan fascinados coa música que esqueceron por un intre as súas malas intencións. O cantor aproveitou ese descoido e saltou ao mar. Tivo medo de afogar. Pero, como por arte de maxia, non afundiu nas olas e pronto viuse sobre o lombo dun golfiño que escoitara a súa triste canción. Cheo de gratitude, o cantor tocou a súa lira. Incluso o mar escoitou en silencio o seu fermoso canto ata que o golfiño levou a Arión san e salvo ata a costa. En recordo da súa arte e da súa milagrosa salvación, os deuses elevaron ao ceo a lira de Arión, ao cisne (como símbolo do seu triste canto) e ao golfiño. E alí permanecen sempre dende entón. 


Fonte: Universe in a Box