jueves, 28 de mayo de 2026

Letras Galegas 2026. Festival Xabarinfest!

O pasado 15 de maio celebramos as Letras Galegas dun xeito moi especial cun gran festival, que este ano chegou cun formato renovado e cheo de enerxía.

Nesta 1º edición do XABARINFEST fixemos unha fermosa viaxe á infancia de moitos adultos, recuperando e interpretando algunhas das cancións máis emblemáticas do Xabarín Club, que tantas lembranzas e emocións espertan.

O alumnado participou con moita ilusión nas diferentes actuacións, enchendo a xornada de música, diversión e moito espírito galego.

Se queredes revivir algúns dos mellores momentos desta celebración, podedes premer sobre a imaxe para ver o vídeo de fotografías de cada actuación.