Mostrando entradas con la etiqueta curso 2015-2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2015-2016. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de junio de 2016

Revista "Rego da Auga 2016"

Xa é unha tradición que, chegando o fin de curso, saia unha nova edición da revista dixital "Rego da auga", que recompila traballos e actividades realizadas polo alumnado do centro durante este curso 2015-2016, axudando desta forma a dinamizar o uso da nosa lingua galega.
Se picades enriba da portada da revista poderedes descargala en formato .pdf
Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos os nenos e nenas que fixeron posible a elaboración desta revista, así como tamén aos seus mestres e mestras, en especial a Alberto Patiño, encargado da montaxe un curso máis... Moitas grazas!!

sábado, 4 de junio de 2016

Actividade "Quen dis?"

Como xa vos anunciamos, durante este curso propúxose por parte do Equipo de Dinamización Lingüística a actividade "Quen dis?", consistente na elaboración dun cartaz informativo sobre personaxes galegas destacadas no eido da música, literatura, cine, deporte, economía, etc.

Aproveitamos para agradecer e felicitar a todos aqueles alumnos e alumnas que se animaron a participar nesta actividade e así axudarnos a difundir o traballo de moitos galegos e galegas destacados no seu ámbito. 
Noraboa a todos/as os participantes!!
Velaquí tedes unha mostra dos seus traballos:

martes, 31 de mayo de 2016

Festa dos maios

A festa dos Maios é unha celebración tradicional galega na que se exalta a beleza da natureza cando chega a primavera. 
As súas orixes remóntanse a épocas prerromanas e, como o seu nome indica, a celebración normalmente coincide no mes de maio.
Durante a festa dos Maios realizábanse representacións e bailes arredor dunhas estructuras que adoptan formas do máis variado, feitas con adornos de flores, follas e froitos.
No concello de Arteixo xa fai anos que se vén celebrando a Festa das Flores na que se organiza un concurso de Maios.
Por primeira vez este ano o noso cole presentouse a este concurso con este Maio en forma de galo, que se realizou de forma colaborativa por parte de toda a comunidade educativa do centro. E... gañamos o concurso!!
Moitas felicidades aos demais participantes e que vivan os Maios!!

sábado, 21 de mayo de 2016

Celebración das Letras Galegas 2016

Como xa sabedes, este ano adicouselle o día das Letras Galegas a Manuel María. 
No colexio tamén quixemos axudar a difundir a vida e obra deste autor e para iso colocamos estes murais nos corredores do centro:
A celebración das Letras Galegas deste ano foi un tanto especial, xa que os nenos e nenas do cole representaron un "Pasapalabra Galega", gracias ao cal poidemos coñecer máis datos sobre Manuel María ao tempo que nos divertíamos coas ocorrencias dos presentadores/as e concursantes.

Para decorar o pavillón para este acto, todo o alumnado do centro participou na elaboración da recreación a tamaño xigante do cadro de Luís Seoane "Tres soles en Galicia". O resultado foi espectacular!



Picando AQUÍ  podedes acceder a web do noso cole, onde tamén atoparedes unha presentación de imaxes sobre o cómo se fixo "Tres soles en Galicia".

miércoles, 4 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016

Como tódolos anos, o 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas.

Nesta ocasión, o autor homenaxeado é Manuel María.


Para que coñezades máis cousas sobre este autor, deixámosvos a continuación uns enlaces que nos parecen interesantes:

Escolma de poemas realizada polo CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) co gallo do 10º cabodano do autor



Rap de Manuel María (CEIP Antonio Fernández López - Sarria)



Actividade LIM Manuel María (CEIP Antonio Fernández López - Sarria)



Libro 3D con poemas de Manuel María ilustrados (CEE de Vilagarcía de Arousa)




 
Recitado de "Os soños na gaiola" (CEIP Juan Fernández Latorre - A Coruña)



Actividade interactiva "Roda roda" (CEIP Juan Fernández Latorre - A Coruña)




E para traballar a música tradicional galega, picade AQUÍ para traballar cun LIM elaborado polo CEIP Amaro Refoxo de Verín.


martes, 15 de marzo de 2016

Ainda estás a tempo de participar no concurso "Que te contas?"


Aínda estás a tempo de participar no concurso "Que te contas?"

Non deixes pasar a oportunidade!!

Só tes que escribir un relato (podes facelo pola túa conta ou en equipo) e entregarllo ao teu titor/a.

A historia máis chula, convertirémola nun guión de cine.

Quen se anima a ser o noso ou a nosa guionista??

miércoles, 9 de marzo de 2016

O noso cole vai ser de cine

E o Oscar vai para...

Sempre soñaches con escoitar esta frase seguida do teu nome?

Pois esta é a túa oportunidade!!

Participa no concurso "Que te contas?" e poderemos converter o teu relato nunha curtametraxe.

Recordamos "O debuxo", a curta que grabamos no curso 2013-2014.


Anímate a escribir o guión da seguinte curta!!

miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro, co gallo da conmemoración do nacemento desta escritora.


En concreto, este ano celebramos o seu 179 cumpleanos!

E para celebralo, deixámosvos cun par de cancións.

A primeira, trátase dunha das múltiples versións musicadas dun dos seus poemas máis coñecidos: "Adiós ríos, adiós fontes". Neste caso, coa voz de Lucía Pérez, que sabemos que gusta a moitos dos nosos alumnos e alumnas:



E a segunda canción é o tema "Rosalía pequeniña", unha fermosa canción de Uxía que fará as ledicias dos máis pequenos/as e tamén dos non tan pequenos/as:



Esperamos que vos gusten.

E feliz aniversario, Rosalía!

viernes, 6 de noviembre de 2015

SAMAÍN 2015

Un ano máis celebramos a festividade do Samaín no noso centro.

Esta é unha tradición de orixe celta moi antiga que nos últimos anos estamos a recuperar.

A seguinte presentación de diapositivas elaborada por "bibliofloriani" resume de onde vén esta tradición.



Así foi que no CEIP Arteixo tamén nos sumamos a esta celebración ambientando o noso cole para a ocasión. As clases decoraron as súas portas con motivos terroríficos e, ademais, os rapaces e rapazas achegaron cabazas decoradas para engalanar os corredores.

A continuación deixámosvos unha serie de fotos para que poidades ver qué chulo quedou o noso cole polo Samaín.