Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de mayo de 2018

EuroArteixo

Xa non queda nada para a estrea mundial do CD de "Damos a nota 2018" que, como non podería ser doutra forma, este curso está ambientado na actividade de "Galeg@s por Europa".

Estade atentos/as porque pronto coñeceredes EuroArteixo.


sábado, 21 de mayo de 2016

Celebración das Letras Galegas 2016

Como xa sabedes, este ano adicouselle o día das Letras Galegas a Manuel María. 
No colexio tamén quixemos axudar a difundir a vida e obra deste autor e para iso colocamos estes murais nos corredores do centro:
A celebración das Letras Galegas deste ano foi un tanto especial, xa que os nenos e nenas do cole representaron un "Pasapalabra Galega", gracias ao cal poidemos coñecer máis datos sobre Manuel María ao tempo que nos divertíamos coas ocorrencias dos presentadores/as e concursantes.

Para decorar o pavillón para este acto, todo o alumnado do centro participou na elaboración da recreación a tamaño xigante do cadro de Luís Seoane "Tres soles en Galicia". O resultado foi espectacular!



Picando AQUÍ  podedes acceder a web do noso cole, onde tamén atoparedes unha presentación de imaxes sobre o cómo se fixo "Tres soles en Galicia".

miércoles, 4 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016

Como tódolos anos, o 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas.

Nesta ocasión, o autor homenaxeado é Manuel María.


Para que coñezades máis cousas sobre este autor, deixámosvos a continuación uns enlaces que nos parecen interesantes:

Escolma de poemas realizada polo CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) co gallo do 10º cabodano do autor



Rap de Manuel María (CEIP Antonio Fernández López - Sarria)



Actividade LIM Manuel María (CEIP Antonio Fernández López - Sarria)



Libro 3D con poemas de Manuel María ilustrados (CEE de Vilagarcía de Arousa)




 
Recitado de "Os soños na gaiola" (CEIP Juan Fernández Latorre - A Coruña)



Actividade interactiva "Roda roda" (CEIP Juan Fernández Latorre - A Coruña)




E para traballar a música tradicional galega, picade AQUÍ para traballar cun LIM elaborado polo CEIP Amaro Refoxo de Verín.


domingo, 17 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

No cole este ano celebramos as Letras traballando sobre a vida e obra de diferentes autores/as galegos/as, ademais de Xosé Filgueira Valverde, o homenaxeado deste ano. 
Nestas fotos podedes ver unha exposición sobre láminas de Castelao, así como a actividade "Estrelas do galego".