martes, 16 de junio de 2026

FillAs de Breogán 2025-2026

Xa é tradición no noso cole traballar no proxecto de FillAs de Breogán.

Grazas a esta iniciativa, pretendemos a dar coñecer a labor de mulleres galegas salientables en diferentes eidos.

O curso pasado coñecemos a diversas mulleres que destacan no mundo da astronomía. En cursos anteriores tamén afondamos no mundo do deporte ou da música.

Este curso, apoiándonos no PDI do centro sobre a importancia das mulleres no rural galego, tivemos a oportunidade de aprender unha morea de cousas sobre mulleres agricultoras ou que levan a cabo iniciativas relacionadas coa promoción do rural.

Para coñecer mellor a todas estas galegas, pincha no enlace encima de cada imaxe.

Abrirase un vídeo no que o alumnado preséntanos o seu traballo.

Esperamos que vos guste!



1ºEP - Victoria Armada