viernes, 1 de diciembre de 2017

CALENDARIO DECEMBRO 2017

Se miramos ó ceo de cara á medianoite deste mes de decembro, poderemos ver en todo o alto a constelación de Tauro.

Autores/as: Clase dos Caracois



A mitoloxía desta constelación está relacionada coa historia do xigante Orión, do cal falaremos o vindeiro mes de xaneiro. Para que vaiades coñecendo aos seus protagonistas, aquí vos deixamos a súa lenda:




LENDA DO XIGANTE ORIÓN

Hai moitos anos, habitaba en Grecia un xigante chamado Orión. Axudado polos seus dous cans, dedicábase a cazar. Vivía nunha gran cava situada moi preto doutra que estaba habitada por outro xigante, Atlanlte, a súa muller e as súas sete fillas, as Pléiades.
Un día Orión viu a Mérope, unha das Pléiades, que estaba tomando o Sol, e quedou encantado coa súa fermosura. Namorouse dela e ela correspondeulle. Pero Atlante quería casala co fillo doutro xigante moi rico que vivía nun afastado bosque. Un día, Atlante descubriu que os namorados paseaban xuntos e, enfurecido, fixo beber a Orión unha poción que o deixou cego, para que non puidese ver a Mérope. E díxolle: -Non recobrarás a vista ata que vexas a luz da aurora. Camiña ata atopala e, cando regreses, enfrontaraste a todos os animais que atopes polo camiño.
Cego, Orión non podía emprender a viaxe, así que acudiu a un neno amigo seu para que o axudase. Sentado nos seus ombreiros, o neno guiouno cara levante, ata ver medrar a aurora tinguida de fermosas cores; daquela Orión recobrou a vista. Xa de regreso enfrontouse a unha lebre e a un touro. Venceu aos dous, pero preto da súa cova picouno nun pé un escorpión que lle deixou cravado o aguillón cheo de veleno. Sentíndose morrer, Orión pediulle a Zeus, pai de todos os deuses, que o convertese nunha constelación de estrelas para que así poidese ver a súa amada Mérope. Zeus, piadoso, compraceu o seu desexo.
Cando Mérope o soubo, ela e as súas irmás pedíronlle a Zeus que tamén as transformase en estrelas, para poder estar xunta Orión. Zeus así o fixo, tanto con elas como os cans do xigante e os dous animais que lle saíron ao paso no seu regreso de ver a aurora.
Desde aquela, nas noites serenas de inverno, no hemisferio norte pódese ver a Orión tensando o seu arco, os seus cans, a lebre e o touro. E moi preto, as Pléiades, contemplando o xigante. Quen nunca aparece é Escorpión, o seu eterno inimigo. Cando un está visible o outro non o está. E desde o ceo obsérvannos, eternamente rivais, ata que os anos acaben os seus días e os días as súas horas.



Fonte: Universe in a Box



No hay comentarios:

Publicar un comentario