jueves, 26 de junio de 2025

FillAs de Breogán 2024-2025

 Un curso máis traballamos no proxecto que no noso cole coñecemos como FillAs de Breogán, que ten como obxectivo dar a coñecer a labor de mulleres galegas que destacan nun eido concreto. Durante cursos pasados traballamos o mundo da música e do deporte; neste curso afondamos no universo da astronomía.

Así foi que, segundo pasaron os trimestres, tivemos a oportunidade de ir coñecendo a diferentes científicas nadas en Galicia e que, en moitos casos, teñen unha repercusión internacional moi notoria. 

O mundo das estrelas é infinito e a contribución destas galegas destacadas tamén fai que a importancia das súas achegas sexa primordial para o avance da astrofísica.

Para coñecelas mellor, pincha en cada unha das imaxes para poder ver os vídeos do alumnado que nolas presentan:



















No hay comentarios:

Publicar un comentario