Un
ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega presenta un amplo programa
de actitivades .
O obxectivo é conseguir un maior coñecemento da nosa lingua e da nosa cultura dun
xeito divertido e permanente.
O
programa consta dunha serie de actividades destinadas ao alumnado de forma
directa e de colaboracións no desenvolvemento doutras actividades propostas
polos equipos de biblioteca e extraescolares.
Destacamos
os fundamentalmente cinco concursos e proxectos a levar a cabo durante o curso:
·
“Os sabichonchos”,
concurso mensual de coñecementos sobre lingua e cultura.
·
“Que te contas”,
concurso de relatos curtos a desenvolver no primeiro trimestre.
·
“Damos a nota”,
ou eso imos intentar con este proxecto de poñerlle letra en galego as cancións
que nos gustan.
·
“Galegos”, de realidade
ou de ficción, achegaremonos a personaxes coñecidos pola súa traxectoria
profesional ou pola sona que teñen entre nós: deportistas, actores, … Faremos
un mural biográfico dalgún deles.
· “Un cole de cine”, despois da experiencia con “O debuxo”, do curso pasado, tentaremos ofrecer con este proxecto outra pequeña peza audiovisual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario