Para conmemorar o día das Letras Galegas elaboramos dende o ciclo de Educación Infantil un mural no que lle demos visibilidade a unha das súas obras traducidas onde falaba da primavera. Creamos flores ao mesmo tempo que unha das frases do comezo do conto.
Para a primaria propuxemos un trivial de preguntas e respostas sobre a vida e a obra de Xela, tratando de achegar ao alumnado ao recoñecemento da escritora e tradutora, ademais de achegar unidades didácticas a todos e cada un dos ciclos que conforman o noso centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario