lunes, 13 de junio de 2022

EDLG 21/22

Ao longo deste curso 2021/2022 dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega animamos ao noso alumnado a participar en 3 celebracións esenciais da nosa cultura: 

O MAGOSTO 


Para celebrar a nosa festa das castañas, además de facer a nosa cata no centro, t
amén fixemos unha exposición de poemas, trabalinguas e lendas relacionados co magosto e receitas feitas con castañas, que recollimos e deixamos na biblioteca para que todo o centro puidera velas. 











DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 

Para o día de Rosalía de Castro, dende o equipo decidimos animar ao cole a decorar o mural da entrada, dedicado á Rosalía, así como as ventás e paredes do centro, ao estilo Andy Warhol





SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Para conmemorar o día das Letras Galegas animamos ao alumnado do centro a participar nunha exhibición de poemas propios, relacionados coa cultura galega para colocar e decorar o noso mural de Florentino Delgado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario