Estreamos mes e, con el, queremos presentarvos un proxecto no que comezamos a traballar durante este curso.
Eduardo Pondal no seu poema Os Pinos, himno da nosa terra, fala de Galiza como a nación de Breogán. As fillas de Breogán son aquelas mulleres galegas que co seu traballo fan avanzar a nosa sociedade.
Por isto, este proxecto que hoxe presentamos leva por título "FillAs de Breogán".
Iremos pouco a pouco coñecendo o traballo de mulleres galegas que sobresaíron no seu eido, pero sen esquecer que hai outras moitas mulleres anónimas que no seu día a día tamén conseguen que se fagan realidade cousas ben fermosas coa súa labor.
Este curso enfocarémonos en coñecer a mulleres galegas do eido da música. Durante as próximas semanas, da man do alumnado do noso CEIP Arteixo, iremos descubrindo datos curiosos sobre mulleres músicas que chamaron a súa atención.
Esperamos que estas FillAs de Breogán tamén vos resulten inspiradoras!
No hay comentarios:
Publicar un comentario