Ao igual que sucedeu en cursos pasados, dende o EDLG colaboramos co Equipo
de Actividades Extraescolares e Complementarias na organización de actividades
como o Magosto, o Samaín e o Entroido, tratando de proporcionar material para o
profesorado e para o alumnado, de modo que este tipo de actividades sirvan como
unha ocasión máis para coñecer a cultura galega e empregar a nosa lingua como
vehículo de comunicación.
En particular este curso, a colaboración na organización do entroido foi
fundamental para o EDLG, xa que a temática do mesmo xirou en torno á actividade
que se propuxo dende o noso equipo: Arteixo Indíxena. Cada un dos ciclos
disfrazouse dalgún elemento significativo da tribu que lle correspondeu estudar
durante este curso. E nos corredores do colexio podíase atopar información en
galego sobre os diferentes disfraces. A continuación adxuntamos unhas fotos a
modo de exemplo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario