lunes, 19 de junio de 2017

RAPIDIÑO (6ºB)



RAPIDIÑO 

(Música de "Despacito", Luis Fonsi)



Si, xa sabemos que chegas tarde ti
Hai que saír antes da casa
Si, aínda que sabes que tes que madrugar
Sempre te fas o remolón

Ti, saca o libro de mate xa
Vai vir Beni e vainos berrar
Veña, rapidiño, hai que traballar

Ti, saca o libro de Lingua xa
Vai vir Manu e vaite apuntar
Na libreta dos malos nenos

Rapidiño
Vai sacando os libriños
Que vas moi amodiño
Vai chegar o recreo

Está chovendo
Mi madriña como está chovendo
Collede os paraugas e saíde correndo
Que vai voar o tellado

Sube, sube, sube, sube á clase

Agora toca lectura
Pero non imos ler
Porque toca con Manuel
Pero imos facer historia

Agora toca ximnasia
E imos saltar
Cunha comba nova
Que nos dou o profe Diego

Se che berra a teacher
Non lle teñas medo
É unha profe maja
Saberalo co tempo
Veña, Maica
Anímate ti tamén
Veña, Charo, sube
E canta ti tamén
Non te preocupes, Maite
Non nos olvidamos
Deses debates
Que nos fixeron enfadarnos
E eses pedazo delineados
E falarnos en alemán “dass?”

Pasiño a pasiño
Imos saíndo deste colexiño
Imos ao instituto
Pero non queremos
Quen nos dera quedarnos en sexto
Ooooh
Pasiño a pasiño
Imos recordando
Todos os momentos
Que nós desfrutamos
Xa van sete anos
Dende que entramos
Isto é incríble, cómo medramos!

Rapidiño
Como vai pasando o tempiño
Tantas excursións e canto rimos
Mais os profesores son como amigos

Rapidiño
Cantas cousas aprendimos
Pero algunha vez tamén mentimos
Pero somos ben listiños

Sube, sube, sube, sube á clase

Ímonos graduar
Isto é incrible
Aínda que algún vai quedar
Como imos chorar...

Isto é incrible
Xa o conseguimos
Vannos sacar a foto
Para saír na orla

Rapidiño
Xa vai acabando o cursiño
Xa chega o veraniño
E imos para a praia
Pasiño a pasiño
Xa imos marchando
Deste sitiño
Con moitos recordos
Que chegaron ó corazonciño

Pasiño a pasiño
Ímonos despedindo
Dos nosos amigos
Todos xuntiños
Veña, ata logo
A ver se non morremos do medo na ESO




Autores/as:

Alumnado de 6ºB



No hay comentarios:

Publicar un comentario