lunes, 30 de junio de 2014

CURTAMETRAXE "O DEBUXO"

Durante este curso o Equipo de Dinamización da Lingua Galega levou adiante un novo proxecto no noso centro: a creación dunha curtametraxe.

Un alumno amolado por estar castigado durante o recreo empeza a facer un debuxo e... teredes que ver a curta para saber qué ocorre!! Esperamos que vos guste!!

domingo, 22 de junio de 2014

REVISTA REGO DA AUGA 2014

Como todos os anos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega edita a revista "Rego da auga" para facer un resumo das actividades que se levaron a cabo durante todo o curso. Este é o segundo ano que esta revista se edita en formato dixital, polo que se pode descargar en .pdf en calquera ordenador. 

 Así que se queredes ver e/ou descargar "Rego da auga" 2014 na súa edición de Educación Primaria, tedes que picar na seguinte imaxe:



 E se queredes ver e/ou descargar tamén "Rego da auga 2014" na edición de Educación Infantil, picade na seguinte imaxe:




miércoles, 30 de abril de 2014

Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

O equipo de dinamización da lingua galega do CEIP Arteixo (A Coruña) elaborou esta breve biografía de Xosé María Díaz Castro, autor ao que se adican as Letras Galegas 2014.
A presentación está elaborada coa ferramenta "videoscribe", empregando os materiais publicados polo Seminario Galán e polo CEIP Plurilingüe Lagostelle (Guitiriz).