miércoles, 6 de marzo de 2019

ENTROIDO






Ao igual que sucedeu en cursos pasados, dende o EDLG colaboramos co Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias na organización de actividades como o Magosto, o Samaín e o Entroido, tratando de proporcionar material para o profesorado e para o alumnado, de modo que este tipo de actividades sirvan como unha ocasión máis para coñecer a cultura galega e empregar a nosa lingua como vehículo de comunicación.
En particular este curso, a colaboración na organización do entroido foi fundamental para o EDLG, xa que a temática do mesmo xirou en torno á actividade que se propuxo dende o noso equipo: Arteixo Indíxena. Cada un dos ciclos disfrazouse dalgún elemento significativo da tribu que lle correspondeu estudar durante este curso. E nos corredores do colexio podíase atopar información en galego sobre os diferentes disfraces. A continuación adxuntamos unhas fotos a modo de exemplo: