lunes, 28 de octubre de 2013

CONCURSO: OS SABICHONCHOS

Este curso 2013-2014 comezamos un novo concurso.

O alumnado de Educación Primaria recibirá mensualmente unha ficha para cubrir e botar no buzón do recuncho do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, igual que faciamos o curso pasado.

Nesta ocasión a ficha consta de 3 apartados, adaptados ao alumnado de cada ciclo. Estes apartados son:

> Ditos e frases
> Campos semánticos
> O nome galego dos obxectos

O día 15 de cada mes entregarase a cada alumno/a participante a ficha mencionada, na que figurará unha pregunta de cada tema. Haberá varias respostas e o alumnado deberá marcar só as correctas (pode ser unha ou varias).


As fichas cubertas botaranse nos buzóns correspondentes antes do día 30 de cada mes.

Animádevos a participar!!


miércoles, 3 de julio de 2013

Revista Rego da Auga 2012-2013

Cremos que a espera valeu a pena; xa temos dispoñible a edición dixital da revista Rego da Auga.

Queremos pedir disculpas polo retraso na publicación, xa que tivemos que solucionar uns problemas técnicos/informáticos...

Pero agora xa está todo listo!! Esperamos que vos guste!!

Para poder ver a revista clicade AQUÍ e vos levará á páxina web do noso centro, onde están colgados os arquivos para poder ser descargados.

Que teñades unhas boas vacacións!!

martes, 18 de junio de 2013

REVISTA DIXITAL

Durante a última semana de xuño estará dispoñible a revista dixital para poder descargar directamente dende este blogue.
Pedimos disculpas polo retraso na edición.

viernes, 22 de marzo de 2013

jueves, 31 de enero de 2013