viernes, 15 de junio de 2018

REVISTA 2018

Xa está aquí! Xa chegou! A nosa revista "Rego da Auga" na súa edición do ano 2018.

Como sabedes, nesta revista recollemos unha recompilación de diferentes traballos e actividades que se realizaron durante o curso que está a piques de rematar.

Este ano publicámola en formato impreso para que cada aula do centro poidese contar cun exemplar. Pero, ademais, podédela consultar aquí en formato dixital. Podedes picar sobre a imaxe de aquí abaixo ou, tamén, deixaremos un enlace permanente na columna da dereita. 

Esperamos que a disfrutedes!


viernes, 1 de junio de 2018

CALENDARIO XUÑO 2018

Unha das constelacións protagonistas do verán é a de Escorpio.



Se durante o inverno falabamos do xigante Orión, agora que este xa se pon por debaixo do horizonte nas noites de verán, sae o seu "inimigo" o escorpión. Se non recordades todas as personaxes desta lenda, podedes refrescar a memoria clicando aquí.