domingo, 1 de octubre de 2017

CALENDARIO OUTUBRO 2017

Neste mes de outubro falaremos dunha das máis famosas e importantes constelacións:
A OSA MAIOR
Autores/as: Clase dos Pulpos




LENDA DA OSA MAIOR E A OSA MENOR

Calisto era unha fermosa ninfa que pasaba felizmente os seus días nun pozo do bosque. Un día, atopou con Artemisa, a deusa da caza, que ía cos seus compañeiros. Calisto quedou tan encantada coa beleza da deusa que preguntou a Artemisa se ela tamén podía acompañala. “Eres benvida, podes unirte a nós. Pero non poderás falar con ninguén excepto comigo e cos meus amigos”, respondeu Artemisa.
Chea de alegría, Calisto aceptou e uniuse ao grupo que cantaba e bailaba. Un día, Calisto perdeuse no bosque. Cando Zeus, o maior de todos os deuses, viu a esa fermosa ninfa perdida, enseguida se namorou dela. Para poder achegarse a ela, o malicioso deus transformouse co corpo de Artemisa. E, de feito, a ninfa pensou que él era a súa querida amiga Artemisa e foi saudala cunha aperta. Cando Zeus lle devolveu a aperta, Calisto decatouse de que Zeus a estaba enganando, pero coma era un deus, non podía rexeitalo. O resultado foi que a ninfa, tempo despois, esperaba un fillo de Zeus.
Aínda que Calisto rompera a promesa que lle fixera a Artemisa de non achegarse a ninguén, ela non era culpable, pero aínda así temía ser rexeitada pola súa amiga. Daquela, Calisto escondeuse no profundo do bosque, onde se alimentaba de froitas e baias.
Despois da décima lúa chea, deu a luz a un neno, a quen chamou Arcas. A esposa de Zeus, que se chamba Hera, enterouse do que pasara e estaba enfadada. Chea de celos, planeou a súa vinganza.
Despois de que Arcas nacera, buscou a Calisto no bosque e transformouna nunha grande osa. Dende entón, a pobre Calisto vagaba solitaria polos bosques. Non se uniu aos outros osos salvaxes porque lles tiña medo, pero tamén sentía temor dos cazadores e dos seus cans. Pero, sobre todo, estaba moi triste por non poder coidar do seu fillo Arcas.
Dúas mulleres que atoparon o bebé, leváronno con elas e criaronno. Despois de 15 anos, Arcas se convertera nun robusto mozo. Un día, cando ía polo bosque cos seus cans de caza, atopou a osa ao lado dun pozo. Había ao seu carón unha osiña que ela tivera durante ese tempo. No profundo do seu corazón, Calisto recoñeceu ao seu fillo Arcas e acercouse paseniñamente.
Pero o mozo, que non sabía nada sobre a súa orixe nin sobre o destino da súa nai,
sentiu medo da osa. Arremeteulle co seu mazo e xa estaba a piques de golpeala, cando
apareceu Zeus e evitou a desgraza. Cheo de compaixón, elevounos a todos cara o ceo do
norte, como constelacións, onde se poden ver dende entón: Calisto e a súa osiña son a Osa
Maior e a Osa menor e o seu fillo Arcas (tamén coñecido como Boieiro), da voltas ao
arredor das dúas osas en forma de pastor cos seus dous cans de caza.

Fonte: Universe in a Box