viernes, 23 de junio de 2017

ACABOU (6º Educación Infantil)



ACABOU

(Música de "Sueltalo", Frozen)


 O tempo pasa, fai 3 anos xa
Que empezamos infantil
Aquí vivimos moitas cousas
Pero todo chega ó seu fin

O mandilón colgamos porque temos que crecer
Pero hai cousas que non imos esquecer

Non deixaremos nunca atrás
O que fomos, parte de nós será
Caracois, xoaniñas, bolboretas voarán

Acabou, acabou
A nosa etapa en infantil
Acabou, acabou
Agora temos que seguir
Ala vou
En primaria case estou
Fágome maior
Seremos valentes, non hai volta atrás

Aprendemos moitas cousas
Sobre a prehistoria e sobre o mar
Cos dinosaurios e superheroes
Ata o espazo imos chegar

Non deixaremos nunca atrás
O que fomos, parte de nós será
Caracois, xoaniñas, bolboretas voarán

Acabou, acabou
A nosa etapa en infantil
Acabou, acabou
Agora temos que seguir
Ala vou
En primaria case estou
Fágome maior

Estamos preparados
Para as escaleiras subir
En primaria moitas cousas
Quedan por vivir
Novos libros, exames
Lotes de deberes que facer
Pero marchamos felices
Porque nos toca crecer

Acabou, acabou
A nosa etapa en infantil
Acabou, acabou
Agora temos que seguir
Ala vou
En primaria case estou
Fágome maior
Seremos valentes, non hai volta atrás


Autores/as:
Alumnado de 6º A-B-C de Educación Infantil

No hay comentarios:

Publicar un comentario