viernes, 2 de marzo de 2018

GALEG@S POR EUROPA

Este curso 2017-2018 o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo unha actividade globalizada para todo o centro aproveitando que o ano 2018 foi declarado Ano Europeo do Patrimonio Cultural por parte do Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea. Esta actividade que está servindo de eixo vertebrador e motivador para este curso chámase Galeg@s por Europa.
O patrimonio cultural europeo non é só un legado do pasado, dado o seu valor educativo e social é tamén un recurso imprescindible para o noso futuro. Así, tratarase de fomentar o intercambio e a valoración do patrimonio cultural de Europa como un recurso compartido e sensibilizar sobre a historia e os valores comúns. Baixo este marco, todos os niveis educativos do noso centro están traballando sobre variados aspectos de diferentes países europeos, co obxectivo de coñecer mellor distintas características culturais destes países, o que tamén levará a apreciar e valorar a nosa propia cultura galega. 
A cada nivel educativo correspondeulle por sorteo un país europeo, sobre o cal está a traballar durante este curso académico. 
Neste blog creamos unha serie de pestanas onde podedes ver os países sobre os que estamos a aprender. Pouco a pouco iremos enchendo de contidos cada un deses apartados, para amosarvos as cousas tan estupendas que está a facer o alumnado. Se picades nas bandeiras que podedes ver na columna da dereita, tamén vos direccionará ao contido sobre cada país.
Esperemos que vos guste este traballo dos galeg@s por Europa!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario