jueves, 25 de octubre de 2012

NORMAS DO CONCURSO "XOGANDO COA LINGUA"



PROPOSTA  PARA ALUMNOS DE

 EDUCACIÓN PRIMARIA

            O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propón unha actividade titulada “Xogando coa lingua”
         Ten como obxectivo o achegamento do alumnado á cultura galega a través dun concurso  que se desenvolverá según as seguintes bases:

·        Cada quincena facilitaráselles aos alumnos unas papeletas con tres cuestións relacionadas con definicións do diccionario, ditos , adiviñas e autores galegos.
·        Cada alumno participante debe escribir na papeleta as tres repostas que se lles piden, poñer o seu nome e  curso.
·         Haberá unha papeleta con preguntas específicas para cada ciclo.
·        As papeletas depositaranse ó longo da quincena correspondente nos buzóns dispostos para cada ciclo no corredor do 1º andar, ao lado da aula de Música.
·         Rematada a quincena o Equipo de Normalización recollerá as papeletas e correxiraas dando UN punto por cada cuestión acertada.
·        A puntuación de cada alumno vaise acumulando ao longo do trimestre e ao remate do mesmo entregaráselle un agasallo aos alumnos con mellor puntuación.
·        Ao final de curso agasallarase aos tres mellores de cada ciclo.
·      No noso blog Rego da Auga (regodaauga.blospot.com) podedes descargar tamén as preguntas de cada quincena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario