jueves, 25 de octubre de 2012


O magosto
C.E.I.P. Arteixo
Curso 2012-2013
Equipo de Dinamización Lingüística



No noso cole tamén imos celebrar esta festa. E, ademais de comer castañas, imos inventar entre todos os compañeiros /as das diferentes aulas dous contos ambientados no magosto.
Un dos contos empezará a ser inventado polo alumnado de 2º de E.P. e remataráo o de 4º de E.I. e o outro conto empezarao o alumnado de 3º E.P. e rematarao o de 6º de E.P.
Para isto, comezaremos lendo o anaco de conto que inventaron outros compañeiros/as e imaxinaremos cómo pode continuar a historia. Escribirémola no espazo do libro deseñado para iso e acompañarémolo dunha ilustración.
Cando rematemos coa nosa parte, pasarémoslle o libro á seguinte clase, para que eles poidan continuar coa historia.
Temporalización:
Semana do 15-19 de outubro
2º E.P. e 3º E.P.
Semana do 22-26 de outubro
1º E.P. e 4º E.P.
Semana do 29 de outubro ao 2 de novembro
6ª E.I. e 5ª E.P.
Semana do 5-9 de novembro
5º E.I. e 6º E.P.
Semana do 12-16 de novembro
4º E.I.
O magosto
C.E.I.P. Arteixo
Curso 2012-2013
Equipo de Dinamización Lingüística


CONTO VIAXEIRO DE “DONA CASTAÑA”
Xa falta pouco para que celebremos o Magosto e, dende o Equipo de Dinamización Lingüística, queremos que coñezades un pouco mellor esta festa e que todos xuntos gocemos con ela.
Para iso adxuntamos un díptico no que hai información sobre as orixes desta tradición e sobre como continuamos a día de hoxe celebrando cada ano esta festa.
Este Magosto, ademais de comer castañas, queremos propoñervos outra actividade: de forma conxunta todo o colexio inventaremos un conto sobre “Dona Castaña”, a verdadeira protagonista destes días.
En realidade, serán dous os contos que inventaremos entre todos os nenos e nenas: un conto será elaborado por Educación Infantil e Primeiro Ciclo, e o outro conto por Segundo e Terceiro Ciclos.
Habitualmente, o Magosto celébrase arredor da primeira semana de novembro, así que esperamos ter rematados os nosos contos nesas datas para poder contalos cando chegue esa celebración. Para que isto sexa posible, un conto comezará a ser redactado por 2º de E.P. e rematarao 4º de E.I.; o outro conto comezarao 3º de E.P. e será rematado por 6º de E.P. Cada semana un nivel educativo será o responsable de redactar unha parte do conto, seguindo esta temporalización:
CONTO 1
CONTO 2
Semana do 15-19 de outubro
2º E.P.
3º E.P.
Semana do 22-26 de outubro
1º E.P.
4º E.P.
Semana do 29 de outubro ao 2 de novembro
6ª E.I.
5ª E.P.
Semana do 5-9 de novembro
5º E.I.
6º E.P.
Semana do 12-16 de novembro
4º E.I.
CONTO VIAXEIRO DE “DONA CASTAÑA”

Adxuntamos unas plantillas para redactar o conto, así como outras para acompañar a redacción cunha ilustración. Gustaríanos que, se fose posible, cada nivel participase na elaboración do conto, alomenos, cunha carilla de redacción e unha de ilustración. Podédevos organizar como prefirades, non hai problema se cada aula quere redactar unha carilla e facer un debuxo pero, se isto non fose posible por cuestión de tempo, gustaríanos que cada nivel participase, polo menos, cunha carilla e unha ilustración.
Para redactar o conto é necesario ler o que fixeron con anterioridade os outros compañeiros/as, xa que se trata de continuar a historia no punto na que a deixaron. Obviamente, os únicos que non poden facer isto serán os niveis que comezan a redacción do conto, serán eles os que teñan que inventar o inicio do conto como lles pareza; iso sí, tendo sempre en conta que o tema é o Magosto.
Unha vez todos os cursos rematen a súa parte do conto, xuntaremos todas as carillas de redacción e ilustración e encuadernarémolas para formar dous grandes libros sobre “Dona Castaña”.
Para calqueira dúbida sobre esta actividade, podédevos poner en contacto con Nuria (Edu. Infantil) do
Moitas grazas pola vosa colaboración.

Equipo de Dinamización Lingüística.

Arteixo, 11 de outubro de 2012


No hay comentarios:

Publicar un comentario