viernes, 16 de marzo de 2018

HOLANDA: Entroido na clase das Margaridas

O alumnado de 6º de Infantil "fixo unha viaxe" ata Holanda neste último entroido.

Tanto nenas como nenos vestiron o traxe típico deste país e poidemos imaxinalos rodeados/as de tulipáns nas pradeiras dos Países Baixos...

Aquí tedes unha mostra:





miércoles, 14 de marzo de 2018

GRECIA: Actividades da clase das Medusas

Ás nenas e nenos de 4 anos correspondeulles estudar Grecia.

Aquí tedes un pequeno aperitivo para que vexades que cousas tan chulas están a aprender sobre este país na clase das Medusas: 









martes, 13 de marzo de 2018

ITALIA: Actividades da clase dos Leóns

Como xa vos comentamos, os nenos e nenas de 3 anos están a aprender cousas sobre Italia.

Aquí podedes ver aos leons e leoas de Arteixo facendo pizza e espagueti de plastilina:






E, como non, neste entroido fixeron unha viaxe ata Venecia. Aquí os tedes co seu traxe típico:




lunes, 12 de marzo de 2018

REINO UNIDO: Máis actividades de entroido


Continuamos a facer un repaso de como foi o entroido dos nenos e nenas que están a traballar sobre o Reino Unido.

Como podedes ver, esta clase converteuse en Beefeaters, ou o que é o mesmo, os gardiáns ceremoniais da Torre de Londres. Comezaron a traballar no seu disfraz dende comezos de ano e o resultado foi espectacular:














A continuación podedes ver unha presentación de imaxes con cada alumno/a desta clase:



Aquí están no desfile:


E como convidados/as especiais, como xa vos contamos noutra entrada, ese día gozamos coa presenza da raíña Isabel II, a súa nora Camilla de Cornualles e o seu fillo Carlos de Gales:




domingo, 11 de marzo de 2018

REINO UNIDO: Actividades de entroido

Este entroido todos os nenos e nenas do colexio aproveitamos para disfrazarnos dalgo relacionado co país sobre o que estamos a traballar.

Das tres clases de segundo, cada unha foi caracterizada como unha rexión.

E, ademais, entre o profesorado podemos atopar á raíña Isabel II, ao seu fillo o príncipe Carlos de Gales coa súa esposa Camilla, e ao fantástico Mr. Bean.



E así foi como prepararon este evento:




 




 










sábado, 10 de marzo de 2018

ITALIA: Actividades da clase dos Elefantes

O alumnado de 3 anos está a aprender cousas sobre Italia.

En concreto, estas son algunhas imaxes da clase dos Elefantes que amosan o traballo diario, o seu recuncho de Italia, a decoración dos corredores...









E aproveitaron o entroido para ambientarse en Venecia. Velaí os tedes coas súas máscaras venecianas!