jueves, 26 de junio de 2025

FillAs de Breogán 2024-2025

 Un curso máis traballamos no proxecto que no noso cole coñecemos como FillAs de Breogán, que ten como obxectivo dar a coñecer a labor de mulleres galegas que destacan nun eido concreto. Durante cursos pasados traballamos o mundo da música e do deporte; neste curso afondamos no universo da astronomía.

Así foi que, segundo pasaron os trimestres, tivemos a oportunidade de ir coñecendo a diferentes científicas nadas en Galicia e que, en moitos casos, teñen unha repercusión internacional moi notoria. 

O mundo das estrelas é infinito e a contribución destas galegas destacadas tamén fai que a importancia das súas achegas sexa primordial para o avance da astrofísica.

Para coñecelas mellor, pincha en cada unha das imaxes para poder ver os vídeos do alumnado que nolas presentan:



















viernes, 6 de junio de 2025

Letras Galegas 2025. Festival de Arteixovisión

 

O día 16 de maio volvemos celebrar o ,xa tradicional, festival de Arteixovisión

 para celebrar as Letras Galegas.

Este ano, como non podía ser doutro xeito, o alumnado elixiu cancións galegas

 con toques de cantareiras para logo cantalas e bailalas neste festival.

Se queredes recordar algúns dos momentos podedes pinchar sobre a imaxe para

 ver o vídeo de fotos de cada actuación: