sábado, 26 de junio de 2021

CHEGA O REMATE DO CURSO. BO VERÁN VALENTES!

Con unha imaxe da praia, que evoca ao verán, á praia, á liberdade, a relaxación... desexámosvos a todas e todos un bó verán. Un verán cheo de normalidade, onde pouco a pouco, todo volva a ser, polo menos, como o coñecemos.

Bo verán a todas e todos ao alumnado, familias, profesorado... a todas e todos os que conforman o C.E.I.P. de Arteixo. 

XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021


 Para conmemorar o día das Letras Galegas elaboramos dende o ciclo de Educación Infantil un mural no que lle demos visibilidade a unha das súas obras traducidas onde falaba da primavera. Creamos flores ao mesmo tempo que unha das frases do comezo do conto.

Para a primaria propuxemos un trivial de preguntas e respostas sobre a vida e a obra de Xela, tratando de achegar ao alumnado ao recoñecemento da escritora e tradutora, ademais de achegar unidades didácticas a todos e cada un dos ciclos que conforman o noso centro.