No apartado de colaboracións podemos resaltar as
celebracións feitas ao longo deste primeiro trimestre: Samaín, Magosto e Nadal.
Este pequeño apunte acheganos ao
coñecemento desta celebración.
Imaxinación,
moito traballo e colaboración das familias permitiu, unha vez máis,
facer unha exposición de cabazas, velaquí unha pequena mostra:
Apenas acabamos
de pasar o Samaín, fixemos un gran magosto. Esta sí que foi unha boa festa! O
alumnado de Primaria participou nunha gran xincana. Xogos e máis xogos, para
rematar coa degustación dos ricos bullós.
O magosto introdúcenos
nas raíces máis profundas da nosa cultura. Aprendemos o gran valor que tiña a
castaña na alimentación e na economía e vemos que segue a ter un papel
importante na nova gastronomía, como condimento acompañando a outros productos
ou como estrela de postres.
Se queredes ter máis información sobre este e
outros temas recomendámosvos unhas páxinas
moi interesantes:
Neste tempo achegado ao Nadal tamén
traemos a vosa memoria un persoanaxe especial. A historia dos pobos está chea
destes seres de lenda que nos axudan a alegrar estas festas.