domingo, 29 de abril de 2018

"Adios ríos, adiós fontes" versionado pola clase das Margaridas

Xa pasou o día de Rosalía neste ano 2018, pero a clase das Margaridas (6ºB de Educación Infantil) deixounos un recordo para a posteridade.

Aquí os tedes versionando o poema de "Adiós ríos, adiós fontes":


viernes, 27 de abril de 2018

ITALIA: Máis actividades da clase dos monos

A primavera chegou ata Italia, máis concretamente, ata a torre de Pisa.

Aquí tedes á clase dos Monos neste monumento con decoración primaveral.


miércoles, 25 de abril de 2018

ITALIA: Máis actividades da clase dos Elefantes

En entradas anteriores xa vos amosamos como os pequenos e pequenas de 3 anos estaban a traballar a gastronomía italiana.

Desta volta, na clase dos Elefantes, están estudiando unha fermosa cidade italiana: Venecia. E, como non podía ser doutra maneira, convertéronse en gondoleiros e gondoleiras que van navegando polas súas canles.

Aquí tedes unha mostra:


viernes, 6 de abril de 2018

GRECIA: Receita grega na clase das Medusas

O alumnado da clase das Medusas cociñou na súa aula unha receita grega chamada Melomakarona.

Aquí tedes un vídeo onde podedes comprobar o proceso:

lunes, 2 de abril de 2018

ITALIA: Actividades da clase dos Monos

Como xa sabedes, as aulas de 4º de Educación Infantil están traballando para aprender moitas cousas sobre o país da pizza.

As comidas típicas son un dos temas que máis chama a atención ás pequenas e pequenos sobre Italia. Pero a quen non lle gusta a gastronomía deste país?

Aquí tedes aos alumnos/as da clase dos Monos mans á obra cociñando unhas saborosas pizzas:






E, ao igual que o resto de clases de 3 anos, polo entroido a clase dos Monos tamén se disfrazou co traxe e máscaras típicos de Venecia. Aquí os tedes:


domingo, 1 de abril de 2018

CALENDARIO ABRIL 2018

Este mes imos falar dunha constelación que xa comentamos ao comezo do curso, cando presentamos á Osa maior e á Osa menor. Trátase do pastor de bois ou Boieiro.
Autores: Clase das Medusas


Este pastor, tamén coñecido como Arcas, da voltas arredor das osas acompañado dos seus cans de caza, tal e como vos contáramos no mes de outubro. Para recordar esta historia, picade aquí.


A estrela máis importante da constelación do Boieiro (ou Bootes) é unha xigante de cor naranxa, a terceira máis brillante do ceo, chamada Arcturus. Para atopala pódese empregar como referencia "a cola" da Osa maior: