sábado, 24 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o "Día de Rosalía".

Este 24 de febreiro cúmprense 181 anos do nacemento de Rosalía de Castro e no noso colexio quixemos conmemoralo con diferentes actividades.

Esta é unha mostra do que se traballou en educación infantil: 












jueves, 1 de febrero de 2018

CALENDARIO FEBREIRO 2018

O mes pasado falabamos de que a protagonista do ceo de inverno é a constelación de Orión. Este xigante cazador sempre vai acompañado polos seus dous cans: Canis Maior e Canis Minor. E no calendario deste mes de febreiro recordamos a estes dous fieis amigos do cazador Orión.


A constelación do Can Maior ten unha particularidade especial: a estrela que resplandece formando o pescozo do can chámase Sirius e, dende o hemisferio norte do planeta, é a estrela máis brillante que podemos observar no ceo. Esta estrela ten unha forma de tremelucir moi particular, xa que reloce tan intensamente que parece que vai cambiando de cor entre o branco e o azul.


Así que se mirades ao ceo nunha noite despexada de inverno, a estrela que máis vos chamará a atención pola súa intensidade ao escintilar será a estrela principal da constelación do Can Maior. O can máis pequeno estará un pouco "por enriba" do grande e o xigante cazador Orión sempre irá por diante dos seus cans.