domingo, 10 de septiembre de 2017

CALENDARIO SETEMBRO 2017

Comezamos este curso cunha actividade que vos imos ir presentando cada mes.

Durante a programación do curso 2016-2017 o alumnado de Educación Infantil traballou no proxecto de "O Universo" e axudou ao EDLG a elaborar un calendario para este curso escolar, no que cada mes trata sobre unha constelación. Así, todos os meses iremos colgando no blog a folla do calendario que corresponda e, tamén, unha referencia a unha das lendas que hai detrás desa personaxe. 
Comezamos este curso coa constelación do Golfiño (Delphinus):

Autores: Alumnado da clase dos Tulipáns
Autores: Alumnado da clase dos Tulipáns






Fai moito tempo, viviu un famoso cantor chamado Arión. O seu canto era tan máxico que podía gobernar os regatos e domar aos animais salvaxes. Durante unha larga viaxe, a súa arte proporcionoulle moitos tesouros. Pero agora tiña morriña do seu fogar. Daquela, subiu a un barco para regresar á súa casa. Pero cando a costa xa se perdera de vista, os famentos e avarentos mariñeiros, que sabían que Arión se fixera rico, rodearon e ameazaron ao cantor. O xefe dos mariñeiros xa estaba a piques de atacalo coa súa espada. “Detente”, berrou Arión temendo morrer. “Déixame polo menos cantar unha última canción”. “Si, unha canción, unha canción”, gritaron os malvados. Todos retrocederon e Arión colleu a súa lira. Ao escoitar a súa canción, todos sentiron que estaban ouvindo o canto de despedida dun cisne. Aqueles malvados estaban tan fascinados coa música que esqueceron por un intre as súas malas intencións. O cantor aproveitou ese descoido e saltou ao mar. Tivo medo de afogar. Pero, como por arte de maxia, non afundiu nas olas e pronto viuse sobre o lombo dun golfiño que escoitara a súa triste canción. Cheo de gratitude, o cantor tocou a súa lira. Incluso o mar escoitou en silencio o seu fermoso canto ata que o golfiño levou a Arión san e salvo ata a costa. En recordo da súa arte e da súa milagrosa salvación, os deuses elevaron ao ceo a lira de Arión, ao cisne (como símbolo do seu triste canto) e ao golfiño. E alí permanecen sempre dende entón. 


Fonte: Universe in a Box