viernes, 23 de junio de 2017

ACABOU (6º Educación Infantil)



ACABOU

(Música de "Sueltalo", Frozen)


 O tempo pasa, fai 3 anos xa
Que empezamos infantil
Aquí vivimos moitas cousas
Pero todo chega ó seu fin

O mandilón colgamos porque temos que crecer
Pero hai cousas que non imos esquecer

Non deixaremos nunca atrás
O que fomos, parte de nós será
Caracois, xoaniñas, bolboretas voarán

Acabou, acabou
A nosa etapa en infantil
Acabou, acabou
Agora temos que seguir
Ala vou
En primaria case estou
Fágome maior
Seremos valentes, non hai volta atrás

Aprendemos moitas cousas
Sobre a prehistoria e sobre o mar
Cos dinosaurios e superheroes
Ata o espazo imos chegar

Non deixaremos nunca atrás
O que fomos, parte de nós será
Caracois, xoaniñas, bolboretas voarán

Acabou, acabou
A nosa etapa en infantil
Acabou, acabou
Agora temos que seguir
Ala vou
En primaria case estou
Fágome maior

Estamos preparados
Para as escaleiras subir
En primaria moitas cousas
Quedan por vivir
Novos libros, exames
Lotes de deberes que facer
Pero marchamos felices
Porque nos toca crecer

Acabou, acabou
A nosa etapa en infantil
Acabou, acabou
Agora temos que seguir
Ala vou
En primaria case estou
Fágome maior
Seremos valentes, non hai volta atrás


Autores/as:
Alumnado de 6º A-B-C de Educación Infantil

jueves, 22 de junio de 2017

AS FLORES DE ARTEIXO (5º Educación Infantil)



AS FLORES DE ARTEIXO

(Música de "Me duele el corazón", Enrique Iglesias)

As flores de Arteixo
Facémonos chamar
A profe Belén
Ten os tulipáns
Isa, as margaridas
Iria, os xirasois
Porque a profe Salvia
Vai de flor en flor

Que máis nos da estar aquí ou acolá
Nós querémonos igual
Xuntos ímolo cantar

Somos tulipáns, somos xirasois
Somos margaridas de distinta cor
Pero molamos un montón!
Vainos a diversión!

Somos tulipáns, somos xirasois
Somos margaridas de distinta cor
Pero molamos un montón!
Vainos a diversión!

Se ti queres desfrutar
Tes que virnos visitar!

Se ti queres desfrutar
Tes que virnos visitar!

As flores de Arteixo
Facémonos chamar
E si nos coñeces

Vas alucinar!


Autores/as:
Alumnado de 5º A-B-C de Educación Infantil

martes, 20 de junio de 2017

A NOSA CANCIÓN (6ºC)




A NOSA CANCIÓN

(Música de "Cheap Thrills", Sia)


Veña, veña C.E.I.P. de Arteixo
Vimos  contarvos un segredo
Somos o mellor colexio do concello
Dende infantil ata primeiro
Dende segundo ata terceiro
E dende cuarto ata sexto
Que é o curso no que estamos
Por iso agora nos graduamos

Rapazas e rapaces
Aquí están os Chi- pi- róns
Si Xosé Luis, non somos Chi
Somos CHI-PI-RÓNS!!!
Teacher dance con Diego
Esta canción
Charo danza con Xosé Luis
Esta canción
Fina tanzt con Beni
Esta canción
Maite baila con Quique
A nosa canción

O noso ambiente é do mellor
  Ás veces rifamos
Pero nunca pelexamos
E sempre no recreo xuntos xogamos
Vamos, vamos que nos vamos
Escoita, aprende e repite con nós
O noso ambiente
A nosa escola
É o que máis mola

Rapazas e rapaces
Aquí están os Chi- pi- róns
Si Xosé Luis, non somos Chi
Somos CHI-PI-RÓNS!!!
Teacher dance con Diego
Esta canción
Charo danza con Xosé Luis
Esta canción
Fina tanzt con Beni
Esta canción
Maite baila con Quique
A nosa canción

Imos, imos todos a cantar
Esta estrofa do-re-mi-fa-fa
Un cálculo has de facer
Se non queres suspender
A historia imos estudar
Cando os romanos se puxeron a loitar
Faille caso á profesora
Se ás doce queres saír fóra

Moitas foron as excursións
Que fixemos os Chi-pi-róns
Estamos moi agradecidos
Por todos os méritos recibidos

Rapazas e rapaces
Aquí están os Chi- pi- róns
Si Xosé Luis, non somos Chi
Somos CHI-PI-RÓNS!!!
Teacher dance con Diego
Esta canción
Charo danza con Xosé Luis
Esta canción
Fina tanzt con Beni
Esta canción
Maite baila con Quique
A nosa canción


La, la, la, la, la ,la, laaaa CHI-PI-RÓNS (x4)


Autores/as:
Alumnado de 6ºC

lunes, 19 de junio de 2017

RAPIDIÑO (6ºB)



RAPIDIÑO 

(Música de "Despacito", Luis Fonsi)



Si, xa sabemos que chegas tarde ti
Hai que saír antes da casa
Si, aínda que sabes que tes que madrugar
Sempre te fas o remolón

Ti, saca o libro de mate xa
Vai vir Beni e vainos berrar
Veña, rapidiño, hai que traballar

Ti, saca o libro de Lingua xa
Vai vir Manu e vaite apuntar
Na libreta dos malos nenos

Rapidiño
Vai sacando os libriños
Que vas moi amodiño
Vai chegar o recreo

Está chovendo
Mi madriña como está chovendo
Collede os paraugas e saíde correndo
Que vai voar o tellado

Sube, sube, sube, sube á clase

Agora toca lectura
Pero non imos ler
Porque toca con Manuel
Pero imos facer historia

Agora toca ximnasia
E imos saltar
Cunha comba nova
Que nos dou o profe Diego

Se che berra a teacher
Non lle teñas medo
É unha profe maja
Saberalo co tempo
Veña, Maica
Anímate ti tamén
Veña, Charo, sube
E canta ti tamén
Non te preocupes, Maite
Non nos olvidamos
Deses debates
Que nos fixeron enfadarnos
E eses pedazo delineados
E falarnos en alemán “dass?”

Pasiño a pasiño
Imos saíndo deste colexiño
Imos ao instituto
Pero non queremos
Quen nos dera quedarnos en sexto
Ooooh
Pasiño a pasiño
Imos recordando
Todos os momentos
Que nós desfrutamos
Xa van sete anos
Dende que entramos
Isto é incríble, cómo medramos!

Rapidiño
Como vai pasando o tempiño
Tantas excursións e canto rimos
Mais os profesores son como amigos

Rapidiño
Cantas cousas aprendimos
Pero algunha vez tamén mentimos
Pero somos ben listiños

Sube, sube, sube, sube á clase

Ímonos graduar
Isto é incrible
Aínda que algún vai quedar
Como imos chorar...

Isto é incrible
Xa o conseguimos
Vannos sacar a foto
Para saír na orla

Rapidiño
Xa vai acabando o cursiño
Xa chega o veraniño
E imos para a praia
Pasiño a pasiño
Xa imos marchando
Deste sitiño
Con moitos recordos
Que chegaron ó corazonciño

Pasiño a pasiño
Ímonos despedindo
Dos nosos amigos
Todos xuntiños
Veña, ata logo
A ver se non morremos do medo na ESO




Autores/as:

Alumnado de 6ºB



domingo, 18 de junio de 2017

ESTOU FARTO DE SUSPENDER (6ºA)



ESTOU FARTO DE SUSPENDER

(Música de "Cómo te atreves", Morat)

Todo me ten que suceder a min
Custoume moito pero estou esperto
Teño e exame e non chego a tempo
É imposible, é imposible

Estou seguro que xa suspendín
Debo levar un carro de suspensos
Fun en tractor e agora pensó ir
Como unha moto e pasar á ESO

Catro partes en terceiro
Cinco meses sen recreo
Dúas veces me mirches
Nin sequera me falaches
6º A saúda á ESO

Andan dicindo no instituto
Que poñen partes a boleo
O mesmo que nunca miraches
Agora buscas no recreo
6ºA está na ESO

Estou farto de suspender
Oh, oh
Estou sen móvil, play e Nintendo
No meu colexio estou bastante ben
Pero a tortilla é mellor na ESO

Estou farto de suspender
Falar contigo e recibir pretextos
O ano que vén imos ver
Quen presta atención a quen

Na ESO vanme a querer


Autores/as:
Alumnado de 6ºA

sábado, 17 de junio de 2017

GALEGUIÑOS (4ºC)



GALEGUIÑOS

(Música de "Despacito", Luis Fonsi)

Si
A nosa comunidade é Galicia
Visita os nosos pobos agora xa
Galicia!

Ven
Que temos caldo, filloas e orellas
No entroido para merendar

Ti
Ti compras percebes e eu ameixas
Imos a fervelos na pota xa
Isto hai que comelo sen ningún apuro

Xa
Xa tes que visitar as nosas praias
Para relaxarte no verán
E verás como che gustará

Galeguiños
Quero probar o voso caldiño
Porque me parece moi saborosiño
Para acompañalo de pan e viño

Galeguiños
Imos á praia de Riazoriño
E a levar o bañadoriño
Para poñernos moreniños

Vistar as vosas praias
E bañarme nelas
Arrolarme na area
E xogar coas nenas

Déixame camiñar
Pola muralla de Lugo
Coñecer o Arde Lucus
E facer moitos trucos

A Ourense tes que vir
Visita as súas termas
Non me fartarei de rir
Cando ensine-las pernas

Para visitar
A cidade da Coruña
E ir a un spa
A cortarme as unllas

Temos cabalos, asnos e porquiños
Para sacar moito xamonciño
Temos cans, gatos e ovellas
Para facerche unha boa chaqueta

Caldiño, caldiño, sabro-sabrosiño
Ímolo probando pouquiño a pouquiño
Cando o saboreas, sábeche a lentellas
Pero deime conta que era o de Teresa

Caldiño, caldiño, rico, rico, rico
Ímolo probando pouquiño a pouquiño
Cando saboreas, vénche unha idea
Que é a de tumbarte na area

Galeguiños
Quero probar o voso caldiño
Porque parce moi saborosiño
Para acompañalo de pan e viño

Vistar as vosas praias
E bañarme nelas
Arrolarme na área
E xogar coas nenas

Déixame camiñar
Pola muralla de Lugo
Coñecer o Arde Lucus
E facer moitos trucos

Galeguiños
Temos a estatua de Rosalía de Castro
Que é moi parecida aos Picassos
Pero para isto hai que dar moitos pasos

Caldiño, caldiño, sabro-sabrosiño
Ímolo probando pouquiño a pouquiño
Arrolarme na area
E xogar coas nenas

Caldiño, caldiño, rico, rico, rico
Ímolo probando pouquiño a pouquiño
Coñecer o Arde Lucus
E facerche moitos trucos

Caldiño, caldiño, sabro-sabrosiño
Ímolo probando pouquiño a pouquiño
Eh, eh, eh, eh

Caldiño, caldiño, rico, rico, rico
Ímolo probando pouquiño a pouquiño

Eh, eh, eh, eh


Autores/as:
Alumnado de 4ºC 

viernes, 16 de junio de 2017

CEIP ARTEIXO ATA O FIN (4º B)



CEIP DE ARTEIXO ATA O FIN

(Música de "Dolores se llamaba Lola", Los Suaves)


Somos do CEIP de Arteixo
Os nenos e nenas de cuarto
Cansados de estudar...
Queremos dicirvos algo
Exames de Mates, Naturais e Sociais
Linguas e demais
Imos estudar!

Somos os nenos de Betty
E fomos os de tantos
Fomos uns nenos bos
E agora somos uns trastos
Cargados coas mochilas
Rompemos as costas nuns días!!!!
Deberes, clases e academias,
E así todos os días..


As voltas que dan os profes
Nun tiovivo parecen subir
Andamos todos coma motos

CEIP DE ARTEIXO ATA O FIN
CEIP ARTEIXO ATA O FIN
1, 2 , 3, IMOS!!!!


Fóronse os vellos profes
Infantil xa escapou
Chega a fin de semana
E non nos chega a nada!
Pobre profe Betty
Non calamos nin unha vez.

Agora chega a tarde:
Fútbol, English e ballet …
E logo, despois da escola
Facemos deberes ata as 6
Pois sen esforzo nesta vida
Tes un "cate", dous ou tres

Fomos a gardería
Agora imos ao cole
E dentro duns anos...
Farémonos maiores!


As voltas que dan os profes
Nun tiovivo parecen subir
Andamos todos coma motos

CEIP DE ARTEIXO ATA O FIN
CEIP ARTEIXO ATA O FIN
1, 2 , 3, IMOS!!!!


Autores/as:
Alumnado de 4ºB