Xa é unha tradición que, chegando o fin de curso, saia unha nova edición da revista dixital "Rego da auga", que recompila traballos e actividades realizadas polo alumnado do centro durante este curso 2015-2016, axudando desta forma a dinamizar o uso da nosa lingua galega.
Se picades enriba da portada da revista poderedes descargala en formato .pdf
Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos os nenos e nenas que fixeron posible a elaboración desta revista, así como tamén aos seus mestres e mestras, en especial a Alberto Patiño, encargado da montaxe un curso máis... Moitas grazas!!