martes, 31 de mayo de 2016

Festa dos maios

A festa dos Maios é unha celebración tradicional galega na que se exalta a beleza da natureza cando chega a primavera. 
As súas orixes remóntanse a épocas prerromanas e, como o seu nome indica, a celebración normalmente coincide no mes de maio.
Durante a festa dos Maios realizábanse representacións e bailes arredor dunhas estructuras que adoptan formas do máis variado, feitas con adornos de flores, follas e froitos.
No concello de Arteixo xa fai anos que se vén celebrando a Festa das Flores na que se organiza un concurso de Maios.
Por primeira vez este ano o noso cole presentouse a este concurso con este Maio en forma de galo, que se realizou de forma colaborativa por parte de toda a comunidade educativa do centro. E... gañamos o concurso!!
Moitas felicidades aos demais participantes e que vivan os Maios!!

sábado, 21 de mayo de 2016

Celebración das Letras Galegas 2016

Como xa sabedes, este ano adicouselle o día das Letras Galegas a Manuel María. 
No colexio tamén quixemos axudar a difundir a vida e obra deste autor e para iso colocamos estes murais nos corredores do centro:
A celebración das Letras Galegas deste ano foi un tanto especial, xa que os nenos e nenas do cole representaron un "Pasapalabra Galega", gracias ao cal poidemos coñecer máis datos sobre Manuel María ao tempo que nos divertíamos coas ocorrencias dos presentadores/as e concursantes.

Para decorar o pavillón para este acto, todo o alumnado do centro participou na elaboración da recreación a tamaño xigante do cadro de Luís Seoane "Tres soles en Galicia". O resultado foi espectacular!



Picando AQUÍ  podedes acceder a web do noso cole, onde tamén atoparedes unha presentación de imaxes sobre o cómo se fixo "Tres soles en Galicia".

miércoles, 4 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016

Como tódolos anos, o 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas.

Nesta ocasión, o autor homenaxeado é Manuel María.


Para que coñezades máis cousas sobre este autor, deixámosvos a continuación uns enlaces que nos parecen interesantes:

Escolma de poemas realizada polo CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) co gallo do 10º cabodano do autor



Rap de Manuel María (CEIP Antonio Fernández López - Sarria)



Actividade LIM Manuel María (CEIP Antonio Fernández López - Sarria)



Libro 3D con poemas de Manuel María ilustrados (CEE de Vilagarcía de Arousa)




 
Recitado de "Os soños na gaiola" (CEIP Juan Fernández Latorre - A Coruña)



Actividade interactiva "Roda roda" (CEIP Juan Fernández Latorre - A Coruña)




E para traballar a música tradicional galega, picade AQUÍ para traballar cun LIM elaborado polo CEIP Amaro Refoxo de Verín.