jueves, 24 de noviembre de 2016

RECEITARIO

Que che apetece comer?

Mmmmmm... queres que che deamos algunha idea?

Dentro de pouco teremos na biblioteca do noso cole uns libros de receitas saborosísimas que servirán de inspiración a todos os cociñeiros e cociñeiras.

Pero, para facer isto posible, precisamos da vosa colaboración!!

Participade na actividade de o "Receitario" achegando a vosa receita (fala co teu titor/a para pedirlle o modelo de formulario para redactala). Tedes ata o 16 de decembro para poder entregalas.

Cando teñamos todas as vosas receitas, xuntarémolas para formar uns libros de cociña excepcionais.

Animádevos a participar!!



miércoles, 9 de noviembre de 2016

O MAGOSTO

O vindeiro venres día 11 de novembro celebraremos o magosto no noso cole.

Esta tradición tan relacionada coa nosa cultura galega recórdanos como vivían os nosos avós/oas e os avós/oas dos nos@s avós/oas. Para eles e elas o magosto era unha merenda ou cea que se celebraba próxima aos días do San Martiño, tal e como é o noso caso neste ano. O elemento esencial deste banquete son as castañas.

Se queredes saber máis cousas sobre esta tradición, convidámosvos a picar AQUÍ para visitar a web do noso concello, onde nos explican máis detalles sobre esta festa. 

E para írmonos preparando para a celebración, a continuación deixámosvos unhas cantas cousiñas:



Conto de A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA:



Canción de TRES CASTAÑAS POLO CHAN:


domingo, 23 de octubre de 2016

lunes, 20 de junio de 2016

Revista "Rego da Auga 2016"

Xa é unha tradición que, chegando o fin de curso, saia unha nova edición da revista dixital "Rego da auga", que recompila traballos e actividades realizadas polo alumnado do centro durante este curso 2015-2016, axudando desta forma a dinamizar o uso da nosa lingua galega.
Se picades enriba da portada da revista poderedes descargala en formato .pdf
Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos os nenos e nenas que fixeron posible a elaboración desta revista, así como tamén aos seus mestres e mestras, en especial a Alberto Patiño, encargado da montaxe un curso máis... Moitas grazas!!

sábado, 4 de junio de 2016

Actividade "Quen dis?"

Como xa vos anunciamos, durante este curso propúxose por parte do Equipo de Dinamización Lingüística a actividade "Quen dis?", consistente na elaboración dun cartaz informativo sobre personaxes galegas destacadas no eido da música, literatura, cine, deporte, economía, etc.

Aproveitamos para agradecer e felicitar a todos aqueles alumnos e alumnas que se animaron a participar nesta actividade e así axudarnos a difundir o traballo de moitos galegos e galegas destacados no seu ámbito. 
Noraboa a todos/as os participantes!!
Velaquí tedes unha mostra dos seus traballos:

martes, 31 de mayo de 2016

Festa dos maios

A festa dos Maios é unha celebración tradicional galega na que se exalta a beleza da natureza cando chega a primavera. 
As súas orixes remóntanse a épocas prerromanas e, como o seu nome indica, a celebración normalmente coincide no mes de maio.
Durante a festa dos Maios realizábanse representacións e bailes arredor dunhas estructuras que adoptan formas do máis variado, feitas con adornos de flores, follas e froitos.
No concello de Arteixo xa fai anos que se vén celebrando a Festa das Flores na que se organiza un concurso de Maios.
Por primeira vez este ano o noso cole presentouse a este concurso con este Maio en forma de galo, que se realizou de forma colaborativa por parte de toda a comunidade educativa do centro. E... gañamos o concurso!!
Moitas felicidades aos demais participantes e que vivan os Maios!!

sábado, 21 de mayo de 2016

Celebración das Letras Galegas 2016

Como xa sabedes, este ano adicouselle o día das Letras Galegas a Manuel María. 
No colexio tamén quixemos axudar a difundir a vida e obra deste autor e para iso colocamos estes murais nos corredores do centro:
A celebración das Letras Galegas deste ano foi un tanto especial, xa que os nenos e nenas do cole representaron un "Pasapalabra Galega", gracias ao cal poidemos coñecer máis datos sobre Manuel María ao tempo que nos divertíamos coas ocorrencias dos presentadores/as e concursantes.

Para decorar o pavillón para este acto, todo o alumnado do centro participou na elaboración da recreación a tamaño xigante do cadro de Luís Seoane "Tres soles en Galicia". O resultado foi espectacular!



Picando AQUÍ  podedes acceder a web do noso cole, onde tamén atoparedes unha presentación de imaxes sobre o cómo se fixo "Tres soles en Galicia".

miércoles, 4 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016

Como tódolos anos, o 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas.

Nesta ocasión, o autor homenaxeado é Manuel María.


Para que coñezades máis cousas sobre este autor, deixámosvos a continuación uns enlaces que nos parecen interesantes:

Escolma de poemas realizada polo CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) co gallo do 10º cabodano do autor



Rap de Manuel María (CEIP Antonio Fernández López - Sarria)



Actividade LIM Manuel María (CEIP Antonio Fernández López - Sarria)



Libro 3D con poemas de Manuel María ilustrados (CEE de Vilagarcía de Arousa)




 
Recitado de "Os soños na gaiola" (CEIP Juan Fernández Latorre - A Coruña)



Actividade interactiva "Roda roda" (CEIP Juan Fernández Latorre - A Coruña)




E para traballar a música tradicional galega, picade AQUÍ para traballar cun LIM elaborado polo CEIP Amaro Refoxo de Verín.


martes, 15 de marzo de 2016

Ainda estás a tempo de participar no concurso "Que te contas?"


Aínda estás a tempo de participar no concurso "Que te contas?"

Non deixes pasar a oportunidade!!

Só tes que escribir un relato (podes facelo pola túa conta ou en equipo) e entregarllo ao teu titor/a.

A historia máis chula, convertirémola nun guión de cine.

Quen se anima a ser o noso ou a nosa guionista??

miércoles, 9 de marzo de 2016

O noso cole vai ser de cine

E o Oscar vai para...

Sempre soñaches con escoitar esta frase seguida do teu nome?

Pois esta é a túa oportunidade!!

Participa no concurso "Que te contas?" e poderemos converter o teu relato nunha curtametraxe.

Recordamos "O debuxo", a curta que grabamos no curso 2013-2014.


Anímate a escribir o guión da seguinte curta!!

miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro, co gallo da conmemoración do nacemento desta escritora.


En concreto, este ano celebramos o seu 179 cumpleanos!

E para celebralo, deixámosvos cun par de cancións.

A primeira, trátase dunha das múltiples versións musicadas dun dos seus poemas máis coñecidos: "Adiós ríos, adiós fontes". Neste caso, coa voz de Lucía Pérez, que sabemos que gusta a moitos dos nosos alumnos e alumnas:



E a segunda canción é o tema "Rosalía pequeniña", unha fermosa canción de Uxía que fará as ledicias dos máis pequenos/as e tamén dos non tan pequenos/as:



Esperamos que vos gusten.

E feliz aniversario, Rosalía!