viernes, 6 de noviembre de 2015

SAMAÍN 2015

Un ano máis celebramos a festividade do Samaín no noso centro.

Esta é unha tradición de orixe celta moi antiga que nos últimos anos estamos a recuperar.

A seguinte presentación de diapositivas elaborada por "bibliofloriani" resume de onde vén esta tradición.



Así foi que no CEIP Arteixo tamén nos sumamos a esta celebración ambientando o noso cole para a ocasión. As clases decoraron as súas portas con motivos terroríficos e, ademais, os rapaces e rapazas achegaron cabazas decoradas para engalanar os corredores.

A continuación deixámosvos unha serie de fotos para que poidades ver qué chulo quedou o noso cole polo Samaín.


































martes, 20 de octubre de 2015

Curso 2015-2016

Xa levamos máis dun mes de curso e aínda non vos déramos a benvida... hai que poñer remedio a isto inmediatamente!

Dende o equipo de Dinamización lingüística temos unha chea de actividades preparadas para este curso. 

A continuación deixámosvos unha serie de cartaces que resumen o que temos preparado.

Esperamos que vos guste!









jueves, 18 de junio de 2015

Rego da auga 2015

Como todos os anos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega edita a revista "Rego da auga" para facer un resumo das actividades que se levaron a cabo durante todo o curso. Este é o terceiro ano que esta revista se edita en formato dixital, polo que se pode descargar en .pdf en calquera ordenador. 

 Así que se queredes ver e/ou descargar "Rego da auga" 2015 na súa edición de Educación Primaria, tedes que picar na seguinte imaxe:




domingo, 17 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

No cole este ano celebramos as Letras traballando sobre a vida e obra de diferentes autores/as galegos/as, ademais de Xosé Filgueira Valverde, o homenaxeado deste ano. 
Nestas fotos podedes ver unha exposición sobre láminas de Castelao, así como a actividade "Estrelas do galego".













jueves, 15 de enero de 2015

COLABORACIÓNS E CELEBRACIÓNS ESPECIAIS

No apartado de colaboracións podemos resaltar as celebracións feitas ao longo deste primeiro trimestre: Samaín, Magosto e Nadal.


            Este pequeño apunte acheganos ao coñecemento desta celebración.




 Imaxinación,  moito traballo e colaboración das familias permitiu, unha vez máis, facer unha exposición de cabazas, velaquí unha pequena mostra:









Apenas acabamos de pasar o Samaín, fixemos un gran magosto. Esta sí que foi unha boa festa! O alumnado de Primaria participou nunha gran xincana. Xogos e máis xogos, para rematar coa degustación dos ricos bullós.

O magosto introdúcenos nas raíces máis profundas da nosa cultura. Aprendemos o gran valor que tiña a castaña na alimentación e na economía e vemos que segue a ter un papel importante na nova gastronomía, como condimento acompañando a outros productos ou como estrela de postres.

 Se queredes ter máis información sobre este e outros  temas recomendámosvos unhas páxinas moi interesantes:

                                 www.galiciaespallada.com.ar/castanhas_galicia.htm

                                 www.rios-galegos.com/

            Neste tempo achegado ao Nadal tamén traemos a vosa memoria un persoanaxe especial. A historia dos pobos está chea destes seres de lenda que nos axudan a alegrar estas festas.