lunes, 28 de octubre de 2013

CONCURSO: OS SABICHONCHOS

Este curso 2013-2014 comezamos un novo concurso.

O alumnado de Educación Primaria recibirá mensualmente unha ficha para cubrir e botar no buzón do recuncho do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, igual que faciamos o curso pasado.

Nesta ocasión a ficha consta de 3 apartados, adaptados ao alumnado de cada ciclo. Estes apartados son:

> Ditos e frases
> Campos semánticos
> O nome galego dos obxectos

O día 15 de cada mes entregarase a cada alumno/a participante a ficha mencionada, na que figurará unha pregunta de cada tema. Haberá varias respostas e o alumnado deberá marcar só as correctas (pode ser unha ou varias).


As fichas cubertas botaranse nos buzóns correspondentes antes do día 30 de cada mes.

Animádevos a participar!!